O 2 de agosto terá lugar en San Ciprián o Festival Folclórico Internacional con grupos de Sri Lanka, Rusia, Almería e Lieiro. O día 3 os nenos e nenas serán os protagonistas.

O Grupo Folklórico Mistura organiza o Festival Folklórico Internacional que se celebrará en San Ciprián o venres, 2 de agosto.

Ás 20:30 horas, na praza dos Campos, actuarán: Gran Ballet Sama de Sri Lanka, Vocal and Dance Ensemble Belgorie de Rusia, Coros y Danzas Virgen del Socorro de Tíjola-Almería e o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.

Ademais o sábado, 3 de agosto, terá lugar o III Festival Folklórico Infantil que dará comezo ás 19:00 horas na praza dos Campos. Actuarán: O Feitizo de Foz, Garrulaxe de Cecebre-A Coruña, Coros y Danzas Virgen del Socorro de Tíjola-Almería e o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Cervo e Comercio de San Ciprián.