O 2 de setembro terá lugar un Touporroutou solidario. Será no Pazo de Fontao, en Foz, ás oito da tarde.

Este domingo, 2 de setembro, celebrarase un Touporroutou solidario en Foz.

Terá lugar no Pazo de Fontao, ás 20:00 horas, e será en beneficio dunha familia de Cangas de Foz.

Estará presentado por Tono e amigas/os, e contará coa actuación dos Kentakis, con Burunda e Olaia.

Haberá buses de balde, que sairán do porto ás 19:00 horas.