O 2 de xuño celébrase a VIII Ruta Ecuestre que organiza Cabaleiros de Penabor, de Barreiros. Colaboran o Concello e a Deputación.

O colectivo Cabaleiros de Penabor, de Barreiros, organiza a oitava edición da súa ruta ecuestre para o día 2 de xuño, sábado.

A saída está prevista para as 10 e media da mañá desde o restaurante La Yenka, de Reinante. A comida, que é de asistencia libre, será ás 15:00 horas e despois haberá baile amenizado polo dúo Merengue.

O prazo para inscribirse remata o día 30 deste mes e os interesados poden facelo chamando aos teléfonos 616.439.022 (Miguel) ou 650.521.321 (Mari).

Para a organización deste evento Cabaleiros de Penabor conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Deputación de Lugo.