O 20 de xullo terá lugar a VIII Festa do Percebe, en Xove. Haberá música, teatro, obradoiro, exposición e degustacións deste produto.

O programa de actos dará comezo ás 12:00 horas, na praza do Concello, coa actuación da charanga Os Charangos e Disco Móbil. Ás 12:30 horas presentarase Acuario, obra de teatro coa que descubrir a riqueza biolóxica e gastronómica do litoral xovense. Ás 13:30 horas haberá un obradoiro de chapas, na praza do Concello ou, en caso de mal tempo, no salón de actos municipal, con entrada de balde ara completar aforo.

Non faltará como é habitual a tradicional degustación deste exquisito produto e doutros manxares desta terra.

Ademais ata o día 28 de xullo, na Sala de Exposicións do Concello, pode visitarse a mostra O percebe e o seu ecosistema, en horario de 10:00 a 21:00.

O evento está organizado polo Concello de Xove, a asociación de festexos A Medorra, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal e a Xunta de Galicia, financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca.