O 21 de novembro haberá un contacontos na Casa da Cultura de Burela para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero.

O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, colabora co Centro de Información ás Mulleres de Burela para conmemorar os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizando unha actividade dirixida ao alumnado de cuarto de educación secundaria e primeiro de bacharelato dos dous IES do noso municipio.

Así mañá, 21 de novembro, ás 11:30 horas haberá un contacontos na Casa da Cultura.  O título é Contamos todas, da compañía A Tropa de Trapo.