O 21 e o 22 de decembro en Ribadeo terá lugar a presentación do libro "Carlos Álvarez Fernández-Cid. Músico" e o XXIV Festival de Panxoliñas.

O grupo 2na fronteira, formado por Carme Penín á voz e Maurizio Polsinelli ao piano e harmonio, amenizarán o acto de presentación do libro Carlos Álvarez Fernández-Cid. Músico, editado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que terá lugar este venres, 21 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro de Ribadeo. Esta obra colectiva, con prólogo de Francisco Díaz-Fierros Viqueira e deseño de Fernando Fernández Páez, recolle máis de 40 colaboracións arredor da figura de quen foi tan determinante na difusión da música en Ribadeo.

O sábado, 22 de decembro, ás 20:45 horas, na igrexa parroquial de Santa María do Campo, celebrarase o XXIV Festival de Panxoliñas, organizado pola Coral Polifónica de Ribadeo en colaboración co Concello. Actuarán a Coral Polifónica de Bueu, a Coral Fabrense de Fabero del Bierzo-León e a Coral Polifónica de Ribadeo.