O 23 de decembro terá lugar en Alfoz unha xornada de iniciación á pesca con mosca

Está organizada pola Asociación de Pescadores Amigos do Ouro en colaboración co Concello de Alfoz.

Terá lugar o 23 de decembro ás 10:00 da mañá na Casa da Cultura de Alfoz.

Será impartida por Julio Seijas e combinará parte teórica con práctica.

Os contidos son:
1.- "O RÍO, UN ECOSISTEMA VIVO" para identificar os insectos acuáticos e terrestres dos que se alimentan as troitas, as súas fases e estados. Comportamento das troitas, hábitat, cómo atopalas. A visión da troita.
2.-"MONTAXE". Iniciación ao montaxe de moscas, ferramentas, materiais,..(podes traer o teu equipo pero se non tés, non te preocupes, nós facilitámoscho).
3.-LANCE. Iniciación ao lance con cola de rata. Equipo (canas, carretes, liñas, baixos..).

Para inscricións, gratis, e máis información as persoas interesadas poden dirixirse aos seguintes números de teléfono: 652 838 013 e 667 983 373.