O 24 de abril terá lugar en Mondoñedo un taller de márketing dixital para pequenos comercios e autónomos.

Este sábado, 24 de abril, en Mondoñedo celebrarase un taller de márketing dixital.

A actividade está dirixida a pequenos comercios e autónomos e será impartida por Fran Saura e Felipe Debasa. Dará comezo ás 19:30 horas e terá lugar no Pazo de Santomé, antigo centro comarcal, na rúa Julia Pardo.

As persoas interesadas pódense anotar no teléfono 982 50 71 77.

O taller está organizado pola Universidad Rey Juan Carlos, e colaboran o Concello de Mondoñedo e The Mondoñedo Valley.