O 24 de marzo celébrase o III Trail As Minas na Pontenova

A Asociación Cultural Deportiva As Minas organiza a terceira edición do Trail As Minas na Pontenova para o 24 de marzo, domingo, desde as 10:30 horas.

O trail terá unha distancia de 18 quilómetros e tamén haberá unha andaina de 5 quilómetros. A saída será desde a Praza dos Fornos.

As persoas interesadas en máis información poden consultala na páxina web www.ccnorte.com.