O 24 de marzo terá lugar a Xove Costa Trail. Trátase dunha carreira con dous percorridos, un de 25 quilómetros e outro de 13. E tamén haberá unha andaina de 11.

Unha nova iniciativa deportiva acaba de porse en marcha no Concello de Xove, denomínase XOVE COSTA TRIAL (XCT).

O día escollido para esta cita é o domingo, 24 de marzo. Nesta carreira imos ter dúas distancias: unha de 25 km (XCT25KM) e outra de 13 km (XCT13KM), así como unha ANDAINA DE 11 KM.

A saída desta carreira  farase dende o Cabo de Morás, transcurrindo pola costa de Xove, pasando por lugares tan atractivos coma a Illa de Sarón, Coto da Vela, Punta Merixe, Praia de Portocelo, San Tirso, Roncadoira, Ensenada de Coído, Punta Mansa, Praia do Muiñelo, etc. ata chegar ao Centro Cívico. O percorrido vai pasar polas seguintes parroquias do Concello: Morás, Portocelo, Xuances, Sumoas, Lago e Xove.

A concentración inicial  realizarase na Praza do Centro Cívico, onde os participantes recollerán os dorsais, bolsa de corredores... A organización ten previsto autobuses para levar aos corredores ao punto de saída. Unha vez rematada a carreira, a organización  ten disposta unha pinchada para tódolos participantes. As inscricións para XOVE COSTA TRAIL hai que facelas na web championchipnorte. O seguimento de  todo o relativo a esta carreira pódese realizar a través de Facebook en xovecostatrail.

A organización deste evento corre a cargo da SECCIÓN DE MONTAÑA E SENDEIRISMO DA ACD XOVE e de ROQUE SPORT, contándose co patrocinio do Concello de Xove e a colaboración de comercios e negocios da localidade.