O 24 de novembro haberá en Xove un obradoiro sobre sexualidade en igualdade e unha andaina contra a violencia de xénero.

O Concello de Xove, a través das  Concellerías  de Igualdade e Xuventude e Deportes, e tamén da OMIX,   organizou  unha serie de actos reivindicativos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero:

-Do 20 ao 25 de novembro: ÁRBORE DA IGUALDADE. Instalado na OMIX para todas aquelas persoas  que desexen deixar colgadas na árbore as súas mensaxes reivindicativas contra a violencia de xénero.

-Venres, 24 de novembro: 

   -De 18:00 a 20:00 h.- OBRADOIRO “SEXUALIDADE EN IGUALDADE”. Dirixido a rapaces/as da ESO, vai ser impartido pola sexóloga-psicóloga Raquel Grañan a OMIX.

   -Ás 20:00 h.- 3ª ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA “Xove camiña pola igualdade”. Saída da Praza do Concello, continuando por: Camiño Real, Avenida Deputación, Rúa Tomás Mariño e cegada novamente á Praza do Concello.