O 24 de setembro terá lugar o Día da Bici en Xove.

Desde a organización explican que “o dia 24 de setembro as 11 da mañá vamos celebrar o dia da bici en Xove, invitámosvos a todos os que queirades a pasar unha boa mañá de bici”.

As inscricións serán antes da saída (todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna).

Para os mais maiores será unha ruta circular duns 10 quilómetros e para os pequenos contaremos cunha estrutura na praza do Concello.

Haberá un avituallamento ao rematar a ruta e un sorteo.

Organiza o evento o Club Ciclista Komando Xoviético coa colaboración de Xove Costa Trail, Concello de Xove e ACD Xove.