O 25 de marzo, dentro do ciclo Músicas Posíbeis do Concello ribadense, haberá un concerto de música do século XVII no Cine Teatro.

La Xácara ofrecerá un concerto de música antiga en Ribadeo este sábado, 25 de marzo, no Cine Teatro ás 20:30 horas.

Este grupo ofrecerá un programa baixo o título de Folías Galegas con música europea do século XVII composto por arias, folías e chaconas. As pezas son de diversas nacionalidades destacando as de orixe italiano e español.

La Xácara está integrada por Julia Cea Cabanelas (canto), Víctor Illán Rodríguez (guitarra barroca), Ramón Pérez-Sindín Blanco (clavecín) e Pablo Ruibal Armesto (viola de gamba).
Este concerto enmárcase no ciclo de Músicas Posíbeis, do Concello de Ribadeo.