O 26 de xaneiro no Vicedo terá lugar unha Noite de Xogos de Mesa. Será na Casa da Cultura para nen@s e adultos.

A Casa da Cultura de O Vicedo acolle o venres, 26 de xaneiro, unha noite de xogos de mesa, que tamén terá unha edición de tarde para nen@s.

As actividades desenrolaranse cos xogos Tabú, Pasapalabra, Party & Co, Superpoly, 4 en Liña, Xadrez, Parchís, Fantamas Blitz, Torre Equilibrio, Oca, Scrabble e Pictionary entre outros.

A xornada desenvolverase entre as 17:00 e as 20:00 horas para nen@s de 4º a 6º de primaria, e de 21:30 a 00:00 horas para maiores de 12 anos (incluíndo adultos).