Horarios
Os locais hostaleiros asociados a Acisa desfrutarán dunha ampliación de 3 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza durante a madrugada de Fin de Ano, do 31 de decembro ao 1 de xaneiro.
Desde Acisa subliñan que “a devandita ampliación ten como hora límite as oito da mañá do día de Aninovo”. E engaden que “a Policía Local conta co listado dos establecementos que se poden beneficiar desta ampliación horaria, que son os socios de Acisa, así como con copia das autorizacións emitidas”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos tramitou tamén a autorización de ampliación dunha hora sobre o horario habitual para o sector hostaleiro durante o primeiro trimestre de 2020. En xaneiro serán as madrugadas do 3 ao 4, do 4 ao 5 e do 5 ao 6; en febreiro as madrugadas do 14 ao 15, do 15 ao 16, do 21...
leer másA Oficina de Turismo de Foz, que está situada no edificio do Cenima, estará aberta no verán, durante os meses de xullo e agosto, de luns a sábados de 10 a 14 horas polas mañás e de 16:30 a 20:00 horas polas tardes. Os domingos abrirá de 11 a 14 horas e os festivos de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
O punto de información turística da Basílica de San Martiño, que está no centro de interpretación da mesma, tamén estrea horario de verán. De martes a sábado de 10:30 a 14:00 horas polas mañás e de 16 a 20 horas polas tardes. Os domingos abre de 10:30 a 13:00 horas e os luns está pechado.
Haberá visitas guiadas á Basílica de San Martiño ás 10:30 e ás 19:15 horas. As persoas interesadas en contar con este servizo poden solicitalo con Silvia Blach no 982 13 26 07 ou 620 623 592.