O 27 de marzo dará comezo en Cervo o Campionato de Tute e Parchís, que convoca a Delegación de Servizos Sociais. A inscrición está aberta.

O Concello de Cervo ten aberta a inscrición para anotarse ao campionato de tute e parchís, que convoca cada ano desde a delegación de Servizos Sociais, que dirixe Pilar Armada.

Os veciños e veciñas interesadas en participar poden anotarse ata o vindeiro venres, 23 de marzo, na Casa da Cultura (982.59.51.57); e o día 27 dará comezo o campionato que se xogará na Casa do Mar de San Ciprián.

Os premios entregaranse o Día do Xubilado, o 1 de maio, como cada ano.