O 29 de outubro celébrase a I Marcha BTT organizada polo Club Ciclista Komando Soviético de Xove.

Mañá, 29 de outubro, vaise celebrar a I Marcha de BTT en Xove, organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético de Xove.

Dita marcha é a primeira gran ruta que fai dito clube, de reciente creación, e conta co patrocinio do Concello de Xove e varios locais comerciais da zona.

Agora mesmo conta cunha participación de uns 150 ciclistas inscritos, os cales farán unha ruta por varias parroquias do Concello de Xove. 

Ás 9:30 horas, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, dará a saída a tódolos participantes na Praza do Concello, que farán un percorrido duns 33 Kms, chegando outra vez á Praza do Concello sobre as 14:00 horas.

Unha vez rematada a proba, disfrutarán todos os participantes dunha comida no Pavillón de Deportes de Xove.

A organización disporá unha zona de habituallamento na Área Recreativa de Faro Roncadoiro, para que os participantes repoñan forzas.