O 3 de agosto terá lugar en Xove unha ruta nocturna en bicicleta. A inscrición está aberta.

O próximo martes, 3 de Agosto, o Concello de Xove xunto co C.C.Komando Xoviético organiza, dentro das actividades de verán, unha ruta nocturna en bicicleta. Ademais haberá montado na praza do Concello o novo pump track desmontable con estruturas de madeira. 

As inscricións poden realizarse na OMIX de Xove ata o día 3 a mediodía. 

A partir de 8 anos (si algún pai/nai quere levar un neno/nena de menor idade que o consulte coa organización).

É obrigatorio levar casco e algún tipo de alumeado, para o pump track recoméndase o uso de proteccións. Todo isto estará suxeito ás normas establecidas para o covid19.