O 3 de marzo celébrase en Xove a XIII Festa do Lacón, que organiza a asociación cultural Saíñas coa colaboración do Concello.

A asociación cultural Saiñas de Xove organiza este sábado 3 de marzo a XIII Festa do Lacón que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes, a partires das 20:30 horas.

O prezo da ración é de 9 euros, 8€ na venda anticipada que pode facerse en Estética Marta. O menú inclúe sopa, pataca, chourizo, lacón, pan e bebida, ademais de chocolatada.

Haberá sorteos e festa rachada a partires das 23:00 horas coa Discoteca Móbil Decibelios.
Colabora o Concello de Xove.