O 30 de outubro arrinca en Ribadeo unha nova edición de Preto de ti, o programa de actividades do Concello para dinamizar as parroquias

O vindeiro luns, 30 de outubro, arrinca unha nova edición de Preto de ti, un conxunto de actividades organizadas para dinamizar as parroquias ribadenses. O programación foi presentada polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Benestar Social, Elena Sierra. 

O rexedor explicou que “bota a andar Preto de Ti, un conxunto de actividades que queremos acercar a todas as parroquias, a todos os lugares”.

Vega dixo: “eu en primeiro lugar quero felicitar aos técnicos municipais da Concellería de Benestar Social por todo o traballo que están a realizar; isto é grazas a eles. Tamén ás traballadoras que van levar a cabo todo o traballo en Preto de ti. E ademais á concelleira Elena Sierra, que grazas ao seu empeño e á súa dedicación Preto de ti é unha realidade”.

O alcalde indicou que “este conxunto de actividades que vamos realizar por todas as parroquias inclúen dende traballos manuais, de estimulación cognitiva -o que coñecemos todos por memoria-, a tecnoloxía do móbil, ximnasia de mantemento, lectura e escritura creativa,… Con este conxunto de iniciativas imos iniciar Preto de ti o luns 30”.

E seguiu a relatar: “isto é a primeira parte, pero Preto de ti é moito máis: tamén queremos facer teatro, cursos de pintura, de envasado, de costura,… En definitiva o que queremos é que haxa moita actividade durante todo o ano en Ribadeo e no conxunto das parroquias. Polo tanto Elena Sierra concretará máis o que é Preto de ti e en lugares vai haber esta actividade tan importante para o goberno municipal, tan importante para Ribadeo e, dende logo, vamos seguir traballando conxuntamente para que Preto de ti continúe avanzando”.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, contou que “el 30 de octubre empieza una nueva andadura con el programa Preto de ti, que tiene el objetivo de dinamizar el día a día de nuestros vecinos en todos los puntos de nuestro ayuntamiento”.

A edil ribadense sinalou que “se llevarán a cabo diversas actividades como gimnasia, manualidades, estimulación cognitiva y también de manera puntual queremos realizar cursos de cestería, pintura y labores. Como no podía ser de otra forma no faltará tampoco el teatro. 

E engadiu que “Preto de ti llegará entre otras parroquias a Vilela, Anzas, Vilaframil, Remourelle, Couxela, Vilaselán, Ove, Santalla, Cinxe y Ribadeo”.