O 4 de marzo chega ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, "Pitusa Semifusa", un musical infantil para toda a familia.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado, 4 de marzo, o espectáculo Pitusa Semifusa.

Esta proposta musical é un mollo de cancións de Olga Brañas, interpretadas por unha nena chamada Pitusa Semifusa, neta dunha famosa directora de orquestra. Pitusa, a súa avoa e o seu irmán irán explicándolles ás cativas e cativos as familias de instrumentos musicais nun espectáculo participativo, divertido e didáctico.

A representación dará comezo ás 18:00 horas, ten unha duración de 45 minutos e o elenco artístico está composto por Marta Bravo na voz, Sergio Tannus á guitarra e Olga Brañas ao piano.