O 6 de maio dará comezo o programa Ourol Saudable, que organiza o Concello e que se desenvolverá ata finais de xuño.

O Concello de Ourol organiza o ciclo Ourol Saudable que se celebrará durante os meses de maio e xuño.

O programa está destinado a mellorar as condicións de vida e promocionar a actividade física e unha dieta saudable. Abordará temas como a nutrición e exercicios cardiovasculares con claves para coidar a dieta e previr enfermidades como a diabetes, hipertensión, colesterol, obesidade, osteoporose e artrose. Tamén se tratará a hixiene postural con recomendacións para o coidado da espalda, posturas correctas, mobilizacións de cargas e aprender a camiñar. Ademais se falará de biblioterapia, como axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como mellorar o seu benestar a través da lectura.

As actividades terán lugar no Centro de Fisioterapia, sito no Paseo da Rega, no parque biosaudable de Ourol, e desenvolveranse todos os luns de maio e xuño en horario de 10:00 a 11:30 horas, desde o 6 de maio.