O alumeado de Nadal de Vilaronte (Foz) será inaugurado este domingo, 3 de decembro, con música, caldo de pita e chocolate

O alumeado de Nadal de Vilaronte, parroquia do municipio de Foz, será inaugurado este domingo, 3 de decembro, ás 19:00 horas no atrio da igrexa de Vilaronte.

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural O Atrio, que anuncia: “despois do acendido para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación do grupo Mar Aberto, de Foz, e haberá caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Tamén teremos sorteos e estade atentos porque ese día acontecerá algo que non pasa en Vilaronte dende 1986. Estamos seguros que vos gustará a tod@s, sobre todo aos máis peques”.

Este evento conta colaboración do Concello de Foz.