O calendario de 2021 do Concello de Barreiros está dedicado ao Entroido, xa que os xigantes e cabezudos cumpren 25 anos.

O Concello de Barreiros editou un calendario de 2021, que está dedicado ao Entroido. Os veciñ@s poden recoller o seu exemplar nas oficinas municipais.

Desde o Concello explican que “no 25 aniversario dos nosos xigantes e cabezudos quixemos que o protagonismo do 2021 fora para o Entroido. Porque si, temos a seguridade de que, igual non no ano que entra, pero volveremos celebrar o Entroido e as rúas volverán á vida. E mentres tanto poderemos deleitarnos lembrando aquelas celebracións”.