O Castelo de Castro de Ouro acolle a exposición das imaxes do II Concurso de Fotografía Alfoz en primavera.

O Castelo de Castro de Ouro acolle a exposición das imaxes do II Concurso de Fotografía Alfoz en primavera. Pode visitarse no horario de apertura do Castelo e a Oficina de Información Turística, que durante o inverno é sábados, domingos e festivos de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00. Ademais o Castelo de Castro de Ouro e OIT está aberto os días 6, 7 e 8 de decembro no mesmo horario.

No Castelo de Castro de Ouro actualmente poden visitarse tamén 2 exposicións permanentes: na planta baixa a dedicada ás Antigas Escolas Unitarias e na primeira planta a de pintura de Hipólito Xeada.