O Castelo de Castrodouro, en Alfoz, abre desde setembro as fins de semana e os festivos. Na actualidade alberga 3 exposicións.

O Castelo de Castrodouro poderase visitar a partir deste mes de setembro todas as fins de semana e festivos. O horario para esas xornadas será de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes. A entrada é gratuíta.

A torre do Castelo acolle na actualidade unha exposición de traxes feitos a man en seda, liño e encaixe de Camariñas confeccionados pola deseñadora Remedios Espantoso. Ademais tamén se pode ver nesta instalación unha mostra de cadros do alfocense Hipólito Xeada titulada Vistas de Alfoz e típicos de Galicia, que se inaugurou o 2 de setembro.

Ambas exposicións poderanse visitar ata o vindeiro 1 de outubro, así como a mostra permanente do zoqueiro Alberto Geada.