O CCA de Burela repartirá 1.000 euros en premios na campaña do Día do Pai. En marcha está un concurso fotográfico e haberá un sorteo o 20 de marzo.

O Centro Comercial Aberto de Burela inicia unha nova campaña de dinamización do comercio local co sorteo de 1000 euros en premios para os usuarios dos locais de CCA Burela.

Son dúas actividades diferenciadas. Por unha banda dende o día 4 ata o 19 de marzo todas as compras superiores a 10 euros nos establecementos asociados entregarán un ticket para participar no sorteo que se celebrará o día 22 de marzo e que outorgarán 2 premios de 350 euros en vales de compra cada un.

Pola outra banda, tamén se fará un concurso fotográfico en redes sociais co lema #celebraODiaConPapa e que a través de FacebookeInstagram se poderán subir as fotos nos establecementos asociados a CCA Burela.

Aínda que a idea de celebrar o día con papá é o fío das imaxes, non é preciso que aparezan pais e fillos, simplemente algo que motive esa fotografía. As bases completas pódense consultar nas redes sociais de CCA Burela.

Desde a asociación de comerciantes animan a participar a todo o mundo e xa que confiar no consumo de proximidade trae premios que non permiten outro tipo de comercios.

A intención desta campaña non é só a de dinamizar as compras, tamén é a de potenciar as relacións entre pais e fillos e fillas e entender o comercio local como o eixo vertebrador da vila, a nivel económico, pero tamén persoal, xa que mercando uns calcetíns ou tomando un refresco cos pais faise pobo e continuamos medrando xuntos.