O Cenima, de Foz, acolle unha exposición sobre as alfombras do Carme, que fai un percorrido polos seus 40 anos.

Mañá, venres, ás 19:00 horas será inaugurada no CENIMA de Foz unha exposición de fotos sobre as alfombras das festas do Carme focegas, mostra que fai un percorrido polos seus 40 anos de historia.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz e a comisión de festas seguen avanzando na programación polo Carme. Da man de Antón Niñe e a súa extensa traxectoria como entusiasta da historia local, levará aos asistentes a un percorrido pola evolución do alfombrismo na localidade focega. As fotos mostradas na exposición forman parte da súa colección persoal”.