O Centiño estrea "A morte morrida" o 29 de maio en San Martiño, en Foz. Haberá prazas limitadas.

O grupo teatral O Centiño de San Martiño, de Foz, estrea a obra A morte morrida. A representación terá lugar o 29 de maio ás 19:00 horas no local social de Ferreiravella, en San Martiño. Haberá prazas limitadas.

A obra aborda o tema da xubilación e da morte para crear unha mestura que podería semellar macabra pero que remata sendo divertida. Conta a historia de Crispín quen ven de xubilarse no banco e está deprimido. Non soporta a inactividade da súa forma de vida e cre adiviñar que así, sen estímulo para vivir, a morte virá buscalo axiña. Faille a vida imposible a súa muller Benilde e o seu amigo Reigosa tenta animalo para recuperar o ánimo.