O Centro Pedro Murias, de Vilaframil (Ribadeo), acollerá o 22 de marzo unha xornada denominada "Pensar unha alimentación máis próxima".

O Centro Pedro Murias, de Vilaframil, acollerá o 22 de marzo unha xornada denominada Pensar unha alimentación máis próxima. A cita está coorganizada polo Concello de Ribadeo e pola rede REVOLTA. 

Fronte aos procesos de  agro-industrialización nacidos nos anos 60, perduran outros de produción e distribución máis próximos, relacionados co agro-ecolóxico na perspectiva da bio-economía e do desenvolvemento sustentable como son o quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food.

Os grupos de consumo, pequenos produtores, mercados labregos, cooperativas de distribución representan una alternativa ao modelo industrializado de produción e distribución alimentaria. Estes buscan rescatar esas outras formas de produción e consumo máis apegadas á terra. “A sustentabilidade do propio sistema alimentario virá dado si somos quen de construír procesos participativos nos que involucrar á toda a sociedade e pensar como podemos impulsar modelos alimentarios máis próximos”, explican desde a organización. 

Dende a o Concello de Ribadeo e co-coordinado pola rede REVOLTA, http://revolta.usc.gal/ composta por oito grupos de investigación das Universidades galegas e configurado como o lugar de encontro das investigacións arredor da agroecoloxía e do medio rural galego ábrese ao conxunto da cidadanía un encontro co que pensar como sería posible crear unha estratexia alimentaria participativa na área de influencia do río Eo. 

Por este motivo vaise celebrar a xornada Pensar unha alimentación máis próxima, que terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Vilaframil, o vindeiro venres, 22 de marzo.
A xornada terá o seguinte formato:

10:00-10:30 Presentación
Polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o catedrático en Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto , así como un representante de AGACAL

10:30-12:00 Mesa: Outro sistema alimentario é posible
A estratexia participativa alimentaria de Valladolid por Olga Rada, responsable do Ecomercado de Valladolid e técnica na Fundación Entretantos.

A estratexia alimentaria das Mariñas por Jorge Blanco, xerente da Asociación Mariñas-Betanzos.

As bacías alimentarias como espazos de distribución e comercialización agroalimentaria polo profesor títular de Bioloxía Funcional da USC Emilio Carral.

12:00-12:30 Descanso

12:30-14:00 Sesión participativa Camiñando cara un novo modelo de agroalimentación na zona do Eo. Dinamizada por Fran Quiroga, técnico da rede REVOLTA e Lucas Requejo, innovador social

A xornada conta coa coorganización do Concello de Ribadeo e a colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. Aquelas persoas interesadas en participar na xornada deben inscribirse en rede.revolta@usc.es