O centro sociocultural Manuel Lourenzo, de O Valadouro, acollerá o 8 de maio un casting para un filme que se rodará na Serra do Xistral.

O Concello de O Valadouro colabora na organización dun casting para seleccionar actores de O Valadouro, Alfoz e Ourol para un filme que se rodará na Serra do Xistral.

Os perfís que se buscan son dous homes de entre 35 e 45 anos e un home entre 45 e 60 anos. Non é necesaria experiencia previa na interpretación, requírese estar libre durante dez días para a rodaxe, nos meses de novembro e decembro deste 2021, e para os ensaios. A participación no filme será remunerada.

Para participar é preciso inscribirse antes do venres, 7 de maio, en probascine@gmail.com ou por whatsapp no teléfono 633 61 64 99, indicando os datos de contacto e adxuntando unha foto recente.

O casting realizarase tomando todas as medidas hixiénicas pertinentes e terá lugar o sábado, 8 de maio, ás 10:00 horas, no centro sociocultural Manuel Lourenzo do Valadouro, en Avenida Deputación, 6.