O Círculo Habanero da Devesa, en Ribadeo, acolle unha xornada para celebrar as Letras Galegas o 1 de maio

O Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo, acollerá o día 1 de maio, mércores, unha xornada de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta. É unha iniciativa titulada Maleducadas, que está organizada pola Asociación Cultural a Tribo da Travesía e MOV, coa colaboración do Círculo Habanero da Devesa e Mialma Producióis.

Será a partir das 19:30 horas e participarán Marina Oural (idea orixinal, voz, poema e escolma de textos), Chefa Alonso (saxo soprano, percusión, composición e improvisación) e Nacho Muñoz (piano, electrónica, composición e improvisación).

Ás 21:00 horas haberá unha Jam Session aberta a todas as artes e capacidades.

O prezo da entrada é de 10 euros.