O complexo RegalXunqueira, de Viveiro, acolle ata o 15 de xuño a exposición "La chica del Pazo", do pintor ruso Sergey Sozonov.

O complexo RegalXunqueira, de Viveiro, acolle a exposición La Chica del Pazo de Sergey Sozonov.

O pintor ruso Sergey Sozonov, afincado en Ortigueira, conta cunha ampla traxectoria e entre as súas exposicións máis recentes están, no pasado mes de marzo, GalioArt-Estilos en Ortigueira e San Cibrao. Tamén expuso Miradas de Ortigueira e Cinco continentes en Ortigueira en 2016 e 2015, e varias obras en galerías de Moscú en 2014.

La Chica del Pazo permanecerá no complexo RegalXunqueira ata o día 15 de xuño.