O Concello de Alfoz celebrará o Día da Biblioteca o 22 de outubro cun obradoiro dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

Desde o Concello de Alfoz explican que “un ano máis imos celebrar o Día da Biblioteca. Será o sábado 22 de outubro de 17:30 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Teremos un obradoiro titulado Animais de conto, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As prazas son limitadas”. 

E engaden que “as inscricións deberán entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ou por Sede Electrónica ata o 17 de outubro. As prazas dispoñibles cubriranse por rigorosa orde de rexistro. A actividade é gratuíta e está incluída no Plan Único da Deputación de Lugo, na Área de Cultura. Máis información 982 558 001 (ext.2)”.