O Concello de Alfoz conmemora o Día do Libro con actividades infantís na biblioteca e monicreques o 24 de abril.

O Concello de Alfoz organiza actividades infantís na biblioteca municipal e unha representación de monicreques no salón de actos de Cultura o día 24 de abril para conmemorar o Día do Libro.

As actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos serán de 17:00 a 19:00 horas en grupos reducidos. Para participar hai que inscribirse no Concello previamente, do 19 ao 22 de abril. Para obter máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001, extensión 2.

E tamén o sábado 24, pero no salón de actos de Cultura, ás 19:30 horas Trécola Teatro presenta a obra Xogo revolto, un espectáculo de monicreques dirixido a público familiar para celebrar o Día do Libro. A entrada é gratuíta e o aforo limitado.