O Concello de Alfoz organiza un curso de reciclado de roupa os sábados do mes de maio.

O Concello de Alfoz, dentro das accións para fomentar o respecto e coidado ao medio ambiente, traballa para reducir os residuos en orixe ademais de xestionalos correctamente.

Desde o Concello sinalan que “acabamos tendo un montón de roupa que deixamos de usar por distintos motivos, podes depositala no contedor de téxtil (situado enfronte do Centro de Saúde) pero tamén podes darlle unha segunda oportunidade”.

E engaden: “aprende a reformala e transformala por completo. Os sábados (7, 14, 21 e 28) de maio, de 17:00h a 20:00h na Casa da Cultura temos un curso gratuÍto para aprender a reciclala. As prazas son limitadas. Información e inscrición: 982 558 001 (EXT 2)”