O Concello de Barreiros organiza os campamentos de verán do 1 de xullo ao 31 de agosto. A inscrición está xa aberta.

O Concello de Barreiros organiza os Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2019. Desenvolveranse do 1 de xullo ao 31 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas de luns a venres.

As actividades levaranse a cabo en quendas de quince días naturais. A primeira será do 1 ao 15 de xullo, seguida do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 15 de agosto e, finalmente do 16 ao 31 de agosto. Ademais, para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30, para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento.

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición xa a través da web municipal www.concellodebarreiros.gal e das redes sociais.

Nos campamentos haberá xogos, talleres, manualidades, robótica e saídas.

O Concello de Barreiros organiza esta actividade coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdad.