O Concello de Barreiros organiza unha semana de actividades para celebrar o Entroido. O desfile será o 24.

O Concello de Barreiros organiza para este Entroido unha semana de actividades para todas as idades. Na presente edición colaborarán co Concello na organización a comisión de festas do San Bartolo e as comparsas Os Macanudos e Habelas Hainas recuperando  a cea e a festa no pavillón municipal, que fora adiada por mor da pandemia os anos anteriores. 

No desfile, que terá lugar na noite do 24 de febreiro, repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías do desfile que serán entregados durante a festa posterior no pavillón.

Actividades infantís previas ao desfile

As crianzas poderán gozar neta ocasión de dúas actividades diferentes. O domingo 19, ás 18h,  será a festa infantil de disfraces no centro social con xogos, música e a visita dos cabezudos. O mércores 22 será a quenda do obradoiro de disfraces, para o cal será preciso anotarse previamente.

A festa de entroido celebrarase no pavillón municipal.

A continuación do desfile, na noite do venres 24, volverá a ter lugar a cea e festa do entroido, cuxa recadación será a prol das asociacións colaboradoras do entroido 2023. O prezo da cea (servida por Chao da Brea) será de 25 euros e incluirá callos e costela como pratos principais, con opción de menú infantil por 15 euros.
Os puntos de venda das entradas para a cea son o restaurante Asador, a cafetería do Centro Social, o Concello ou nos teléfonos 669958271-698192121-609575536. A festa estará amenizada por Eventec e a entrada será libre.

Programación:

Domingo 19. 18 horas.
 Festa infantil de disfraces (amenizada por Puzzle Animación)
Centro sociocultural de San Cosme

Mércores 22. 10:30 horas
Obradoiro de disfraces
Centro sociocultural  de San Cosme

Venres 24. 21 horas
Desfile - Saída praza do concello
Cea de entroido (A continuación do desfile) - pavillón municipal
Festa amenizada por Eventec - pavillón municipal (entrada libre)