O Concello de Burela organiza cursos de bordado e de bolillos. Comezarán os días 17 e 18 de outubro.

O Concello de Burela organiza cursos de bordado e de bolillos. O de bordado dará comezo o 17 de outubro e rematará o 17 de abril. Impartirase na Casa da Xuventude os luns e os mércores de 10 a 13 horas ou de 17 a  20 horas. Ao inscribirse no CIM as persoas asistentes poderán elixir quenda e día.

E o curso de bolillos será do 18 de outubro ao 16 de marzo. Tamén será impartido na Casa da Xuventude. O horario para elixir día e quenda será os martes e os xoves de 10:30 a 13:30 horas ou de 16:30 a 19:30 horas. 

O prezo da matrícula en ambos casos será de 30 euros.