O Concello de Burela organiza un curso de bailes de salón. O 25 de febreiro ábrese a inscrición. A actividade comeza o 7 de marzo.

A Concellería de Servizos Sociais organiza un curso de Bailes de Salón que dará comezo o 12 de marzo. O vindeiro luns, 25 de febreiro, abrirase o prazo de inscrición.

As persoas interesadas deberán anotarse de xeito presencial na Casa do Concello. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición. Para obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.

A actividade empezará o 12 de marzo e rematará o 9 de xullo e terá lugar os martes na Casa da Cultura. Haberá tres quendas en horarios de 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas. e de 21:15 a 22:30 horas.