O Concello de Cervo acolle o 18 de decembro o XIV Campionato de Nadal de Nihon Tai-Jitsu.

O Concello de Cervo, acollerá o vindeiro domingo 18 de decembro o XIV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu.

O evento foi presentado polo rexedor, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

Estímase que medio cento de competidores de toda Galicia e distintas partes de Asturias acudirán ao Pavillón municipal da Veiga para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior.

A competición engloba as modalidades de Kata e Goshin Shobu, que consisten na realización de técnicas propias do Nihon Tai-jitsu e da defensa persoal.

Desde o Concello convidan aos veciños e visitantes a achegarse durante esta xornada de domingo ata o pavillón da Veiga para desfrutar desta actividade que se enmarca na programación de Nadal do municipio e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva.