O Concello de Cervo anima a participar na elaboración dos tradicionais beléns de plastilina o 10 de decembro.

O Nadal xa está ás portas... “e como cada ano, tamén vos queremos convidar a que participedes na elaboración dos tradicionais Beléns de Plastilina nesta fin de semana”, indican desde o Concello.

Serán o sábado, 10 de decembro, ás 12 na Casa do Concello en Cervo, e tamén ás 12 na Casa da Cultura en San Ciprián.