O Concello de Cervo organiza diversos actos o 10 de marzo para celebrar o día da muller. Haberá un monólogo e unha cea baile.

Dentro dos actos programados polo Concello de Cervo con motivo da celebración do Día da Muller terá lugar o sábado, día 10, un monólogo a cargo de Xan Veiga. Será na Casa do Mar a partires das 20:00 horas.

Tamén o sábado, ás 22:00 horas, celebrarase unha cea no Restaurante Buenavista. Posteriormente, na Casa do Mar, haberá baile amenizado polo dúo Epo-K. Hai 110 mulleres anotadas para participar nesta cita na que haberá agasallos sorpresa para todas elas. E tamén se entregarán os trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís. 

Organizan e colaboran a asociación de amas de casa Alborada, a asociación de mulleres rurais As Espalladoras, a asociación Mulleres en Igualdade, a asociación Mulleres de San Ciprián e o Concello de Cervo.