O Concello de Cervo organiza un curso gratuíto de socorrismo en espazos acuáticos naturais. Dará comezo o 15 de maio.

A data de inicio está programada para o 15 de maio, cunha duración de 4 meses

As inscricións pódense tramitar na Oficina de Emprego de Burela.

O Concello de Cervo organiza un Curso gratuíto de Socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade.

A data de inicio para este curso está programada para o 15 de maio, e terá unha duración de 4 meses, rematando o 11 de setembro.

As clases impartiranse en horario de 16H a 21H de luns a venres.

A inscrición estase a tramitar na Oficina de Emprego de Burela e hai un total de 15 prazas.

O curso está orientado a persoas e en situación de desemprego pero poderase cubrir ata un máximo de 30% de persoas en activo.

Para resolver calquera dúbida ou obter máis información sobre o curso, pódese acudir ao  Concello de Cervo ou ben chamar ao 982 55 77 77