O Concello de Cervo programa cine infantil e xuvenil este Nadal. Haberá sesións os 7, 9 e 26 de decembro e o 3 de xaneiro.

O Concello de Cervo programa varias sesións de cine na Casa da Cultura. Comezarán o xoves, 7 de decembro, ás 19:30 horas, coa película infantil Coraline. Este film foi gañador dos premios Annie á mellor música, deseño de personaxes e deseño de produción. Recibiu ademais nominacións aos Oscar e aos Globos de Ouro como Mellor Película Animada.

O sábado, día 9, proxectarase tamén ás 19:30 horas, a película xuvenil La Famille Bélier que recibiu seis nominacións aos Premios César, gañando o César á mellor actriz revelación Louane Emera.

O día 26 proxectarase Ballerina, e o 3 de xaneiro Paddington, ambas dirixidas ao público infantil.