O Concello de Cervo, xunto con Pasiños na Lúa, organiza o curso Dorso Saudable, que se celebrará o 7 de decembro.

O Concello de Cervo, en colaboración con Pasiños na Lúas, organiza a actividade titulada Dorso saudable e sen dor, que se desenvolverá o vindeiro luns, 7 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

O obxectivo é aprender a coidar o noso dorso, está dirixido a todos os públicos e é gratuíto.

As persoas interesadas poden anotarse por whatsapp no 678 11 06 41.

O aforo será limitado.