O Concello de O Valadouro organiza actividades para os máis pequenos en xullo e agosto. A inscrición no Ludiverán está aberta ata o 20 de xuño.

O Concello de O Valadouro a través da súa Concellería de Servizos Sociais organiza diversas actividades para nen@s durante os meses de xullo e agosto.

O programa Ludiverán 2017 está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2005 e 2013. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ata o día 20 de xuño, e a publicación da lista de admitidos está prevista para o día 22 de xuño. O número de prazas é limitado e as bases de participación poden consultarse na páxina web valadouro.org, na Casa do Concello e na Casa da Cultura.

No Ludiverán 2017 desenvolveranse obradoiros de cociña, manualidades e cine, ademais de xogos e excursións, dende o 3 de xullo ata o 31 de agosto. As actividades terán lugar de 10:00 a 13:00 horas no pavillón polideportivo de O Valadouro.