O Concello de O Vicedo organiza unha excursión a Xuvenlugo para este sábado, 30 de decembro

O Concello de O Vicedo organiza unha viaxe ao salón de ocio infantil e xuvenil Xuvenlugo, situado no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, onde “os nenos e maiores poderán subirse en distintas atraccións de feira (coches, eléctricos, noria, inchables adaptados a cada idade, barredora. Scalextric...), participar en obradoiros; haberá tamén ludoteca para os máis pequenos, globoflexia, etcétera. Celébrase nun recinto pechado, no Pazo de Feiras de Lugo, e alí hai tamén unha cafetería para poder merendar. Trátase dunha actividade para participar en familia e por tanto, como todos os anos, os nenos menores de 10 anos deberán ir acompañados por algún adulto”, explica a organización da excursión.