O Concello de Ourol conmemora o 25N con maxia, andaina e charla

O Concello de Ourol organiza diversas actividades, como maxia, unha andaina e unha charla, para conmemorar o 25N, pola igualdade e contra a violencia de xénero.

A primeira, que está programada para este xoves, día 23, é un espectáculo de maxia para público infantil e familias a cargo do mago Pedro Bugarín co seu novo show. Será ás 18:30 horas no Edificio Multiusos.

O venres 24 haberá a quinta andaina contra a violencia de xénero, con saída ás 12:30 horas no Paseo da Rega.

E o día 29, mércores, ás 18:30 horas no Edificio Multiusos terá lugar unha charla a cargo da actriz Berta Ojea.