Préstamo

Etiquetas:
04/12/2020

O Concello de Burela poñerá a disposición da cidadanía do 5 ao 7 de decembro dun servizo de bicicletas eléctricas, totalmente gratuíto, para que as poidan desfrutar durante esta ponte festiva. Estarán na praza do Concello de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de catro a seis da tarde.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que este fin de semana, o sábado 5, domingo 6 e luns 7, aproveitando estes días festivos que temos, imos poñer a disposición de todos os veciños e veciñas de Burela, que así o queiran, unhas bicicletas eléctricas que van estar situadas na praza do Concello e que van poder collelas para facer un pouco de deporte toda aquela xente que o precise e coa axuda dese motor eléctrico, para quen se lle faga un pouco dificultoso”.

... leer más